Innova.- O alcalde de Ribeira entregará hoxe os diplomas dun obradoiro de informática e novas tecnoloxías para nenos

Actualizado: martes, 22 agosto 2006 12:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Ago. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, entregarán hoxe os diplomas de asistencia ós nenos e nenas participantes no 'Obradoiro de informática e novas tecnoloxías Infoxogo 2006'.

Según informou o Concello de Ribeira, este obradoiro tivo como obxectivo favorecer a aprendizaxe de coñecementos informáticos e de novas tecnoloxías nun "ambiente lúdico e de divertimento" a través de dinámicas de xogo e de participación activa.

Nesta convocatoria, que se desenvolveu na Aula Municipal de Informática de Aguiño, participaron ao longo do mes de xullo unha treintena de rapaces, repartidos en dous grupos por idades.

Os alumnes porán fin hoxe á súa formación nesta actividade nun "acto lúdico" no que poderán ver unha película galega de animación, recibirán lambetadas como agasallo e, ás 12.30 horas, realizarase a entrega dos diplomas acreditativos na Aula Multimedia de Informática de Ribeira.