SANTIAGO DE COMPOSTELA 2 May. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Innovación e Industria aproveitará a celebración conxunta o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas, de Internet, das Telecomunicación e da Sociedade da Información, para valorar as posibilidades da rede como difusión da lingua propia desta comunidade.
O titular deste departamento, Fernando Blanco, e a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentaron hoxe a iniciativa 'Máis internet, máis galego, máis futuro', articulado na web www.maisinternetmaisgalego.org, que pretende informar sobre as oportunidades e os desafíos que comporta a construcción en Galicia da Sociedad da Información e a necesidade de que a lingua participe na mesa.
A consellería quere abrir un espazo de reflexión sobre a conexión entre Internet, o galego e o futuro desta comunidade, e as posibilidades que as tecnoloxías da rede achegan de cara á normalización da lingua e á difusión e creación cultural nesta autonomía.
Unha das actividades previstas son '17 conexións co galego', que recollerá as achegas orixinais doutros tantos autores vinculados a diferentes áreas e industrias culturais, entre os que se atopan Pilar García Negro, Manuel Bragado, Yolanda Castaño, Manuel Oliveira ou Camilo Franco.
Además, haberá concursos como 'A tinta nas letras' ou 'O galego no espello' e o vindeiro 10 de maio presentarase o portal Macomun.org, a iniciativa galega polo software libre, que pretende converterse no punto de encontro de todo o software libre en Galicia e incorporará distintas iniciativas neste ámbito.
Elena Veiguela también adiantou que o día 16 de maio se presentarán as novas ferramentas informáticas en galego, que estarán relacionadas coa lingua e coas letras.
Como anécdota a web desta campaña incorpora fotos de Rosalía de Castro cun MP3, de Alfonso Rodríguez Castelao cun portátil e de Manuel Lugrís -a quen se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas- cun móbil para indica que si hoxe vivisen tamén farían uso das novas tecnoloxías.
Fernando Blanco recoñeceu que Galicia ten "unha feda dixital importante" con resto de España e salientou que o obxectivo do seu departamento é reducila o mesmo superala ao longo da presente lexislatura.