Investigadores de Francia, Romanía, Italia, Cuba e Chile traballarán a partir de este verán no Centro 'Ramón Piñeiro'

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 14 junio 2006 17:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 Jun. (EUROPA PRESS) -

Dez investigadores procedentes de Francia, Romanía, Italia, Brasil, Cuba Chile e Madrid participarán nos traballos que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades a partir do vindeiro mes de xullo, logo da resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Segundo á información á que tivo acceso Europa Press, a maioría dos beneficiarios destas bolsas son mulleres e a nacionalidade que aporta máis investigadores é a de Brasil. En todos os casos, os adxudicatarios das bolsas son licenciados e licenciadas ou estudantes dos dous últimos cursos de carreira que van realizar traballos sobre lingua galega, literatura medieval e moderna, terminoloxía e fraseoloxía, entre outros.

Os investigadores finalmente seleccionados percibirán unha asignación mensual de 700 euros e realizarán os seus proxectos por un período mínimo de dous meses e máximo de sete.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ten na actualidade 16 proxectos de investigación en marcha, nos que se aúnan as humanidades coas novas tecnoloxías. Dende a súa creación, hai trece anos, teñen pasado polo centro máis de cen investigadores de fóra de Galicia procedentes tanto doutras comunidades autónomas coma doutros países de Europa e América.

Contenido patrocinado