Letras Galegas.- A Coruña acolle hoxe unha lectura de textos de Lugrís, coa asistencia do neto do homenaxeado

Actualizado: lunes, 15 mayo 2006 11:24

A CORUÑA, 15 May. (EUROPA PRESS) -

O Centro Cívico Municipal Os Mallos, na Coruña, acollerá hoxe unha maratón de lectura de textos de Manuel Lugrís, ao que tamén asistirá o neto do persoeiro ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, Manuel Lugrís Fernández.

A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, presidirá este acto e será a encargada de clausura esta homenaxe, organizada polo Concello da Coruña con motivo do Días das Letras Galegas.

Ademais, tamén intervirán o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro; a primeira tenente de alcalde do Concello da Coruña e deputada, Carmen Marón; e a directora do Centro Cívico Municipal Os Mallos, María Luisa Bodelón.