Letras Galegas.- Máis de 5.000 persoas percorreron as rúas de Santiago para rexeitar a situación "calamitosa" do galego

Quintana pide "paciencia" e recorda o "compromiso" contraído pola Xunta para a "plena" normalización lingüística do galego

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 17 mayo 2006 17:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 May. (EUROPA PRESS) -

Máis de 5.000 persoas percorreron hoxe as rúas de Santiago de Compostela para rexeitar "a situación calamitosa" que sofre o galego e reclamar ás institucións "os dereitos e os deberes" da lingua e a "súa plena normalización" en todos os ámbitos.

Así o manifestou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, na súa intervención na Praza da Quintana, na capital galega, onde salientou que a lingua se atopa "nunha oportunidade histórica" para recoller "os dereitos e os deberes" do seu uso.

Asemade, advertiu de que sen o "deber" de coñencemento da lingua "non haberá dereito de uso", polo que indicou que o novo Estatuto de Autonomía de Galicia "ten que solucionar moitos problemas" e paliar "as discriminizacións lingüísticas que aínda continúan a producirse na actualidade".

Neste senso, avogou por que o novo texto "evite que os cidadáns sexan tratados como obxectores de conciencia" por empregar o galego. "Ten que ser o Estatuto da tolerancia cero" coa marxinación da lingua galega, sentenciou Callón.

Baixo o lema 'Porque temos, porque queremos, porque debemos. O Estatuto da normalidade lingüística. O galego: un dereito, un deber', o presidente da Mesa dirixiuse ás persoas que se reuniron hoxe "en defensa da lingua" --20.000, segundo as súas palabras--, para reclamarlles que "loiten" polas garantías de "vivir en galego".

Ademais, valorou durante a súa intervención a existencia dun "debate aberto" na sociedade, xa que del "poden saír moi bos resultados". Pola contra, insitiu en que é falso que "vivimos nunha situación de paz lingüística", como indican "algúns" e que a lingua "perde falantes de ano en ano".

POSTURA DO BNG

Por outra banda, o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, quen hoxe participou nesta manifestación, pediu "paciencia" á cidadanía e recordou o compromiso contraído polo Goberno galego para a plena normalización lingüística do galego.

En declaraciones a los medios de comunicación no inicio da mobilización, Quintana apuntou a circunstancia actual constitúe "o momento para deixar de chorar e para estar orgullosos e comprometidos co uso da lingua". Porén, indicou que "aínda queda moito traballo por diante", polo que recordou que a actual Xunta mantén "o obxetivo e o compromiso" co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG).

O portavoz nacional do BNG avogou polo uso do galego como identificación das persoas e argumentou que "no mundo globalizado que existe na actualidade somos alguén pola nosa identidade, e ésta vén dada pola lingua".

Ademais, participaron no acto os tres conselleiros do BNG, a excepción de Anxela Bugallo, que se atopaba no acto institucional en Sada (A Coruña); o portavoz nacionalista no Congreso dos deputados, Francisco Rodríguez; ou o ex líder do BNG, Xosé Manuel Beiras.

Entre os asinantes do manifesto en defensa polos dereitos e deberes da lingua galega atopábanse membros dun total de 130 entidades de distinta natureza --veciñais, culturais, nove concellos, BNG e outras--, que participaron no percorrido polas rúas compostelanas.

Contenido patrocinado