Letras Galegas.- O PP de A Coruña súmase á celebración cunha conferencia e unha ofrenda floral

Actualizado: lunes, 15 mayo 2006 21:15

A CORUÑA, 15 May. (EUROPA PRESS) -

O PP da Coruña sumarase á celebración do Día das Letras Galegas coa organización de diversas actividades, entre elas unha conferencia e unha ofrenda floral, entre mañá martes e o propio mércores, día 17.

A comisión de Educación e Cultura do PP da Coruña, a través das súas secretarías e dos membros de Novas Xeracións, en colaboración coa Asociación Educativa Galega (Asega), promoverán estas actividades.

Así, mañá martes, día 16, o ex director xeral de Política Lingüística e inspector de ensino, Pablo González Moreiras, pronunciará unha conferencia no salón de actos do Centro Fonseca, ás 20.00 horas.

Ao día seguinte, o PP realizará unha ofrenda floral no cementerio de San Amaro que comenzará ás 11.30 horas e o percorrido incluirá a tumba de Curros Enríquez, Eduardo Pondal e a familia de Rosalía de Castro, entre outras, para rematar ante no panteón de Manuel Lugrís Freire.

Ante o panteón do homenaxeado no Día das Letras Galegas, o secretario xeral do PP provincial, Carlos Negreira, procederá a lectura dun texto e ao longo do percorrido polo cemiterio realizaránse varias homenaxes que correrán a cargo de Santiago Pérez Rodríguez, Presidente da Asociación Educativa Galega (Asega) e a senadora Belén do Campo, entre outros representantes do ámbito educativo e político.