Letras Galegas.- A USC conmemorará a efeméride o xoves cun acto literario en Santiago

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 16 mayo 2006 20:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 May. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago (USC) convocou para o xoves 18 un acto literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado nesta ocasión a Manuel Lugrís Freire, e que se vai celebrar a partir das 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca baixo a presidencia do reitor da institución académica, Senén Barro.

O programa da sesión dará comezo coa presentación do volume 'Manuel Lugrís Freire. Día das Letras Galegas 2006' a cargo do director do Departamento de Filoloxía Galega, Xosé Luís Regueira.

Na queda de intervencións seguiralle o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela, que ofrecerá a conferencia titulada 'Semblanza de Manuel Lugrís Freire'. O acto será clausurado polo reitor compostelán.

Con motivo do Día das Letras Galegas, a Universidade de Santiago ten aberta, ademais, no Claustro Alto do Colexio de Fonseca unha mostra bibliográfica adicada a Lugrís Freire, que poderase visitar ata o 9 de xuño de luns a venres, en horario de 8.30 a 21.30 horas.

Contenido patrocinado