Luar na Lubre actuará o domingo en Cabana de Bergantiños (A Coruña), dentro do ciclo de Caixa Galicia 'As Nosas Músicas'

Actualizado: viernes, 18 agosto 2006 15:25

A CORUÑA, 18 Ago. (EUROPA PRESS) -

Este domingo, ás 22.00 horas, a Praza do Pendón da localidadade coruñesa de Cabana de Bergantiños (A Coruña) acollerá un concerto do grupo Luar na Lubre. Esta actividade enmárcase no ciclo 'As Nosas Músicas' da Fundación Caixa Galicia, que trata de levar o mellor da música a máis de trinta concellos de toda Galicia no verán.

Nesta súa sexta edición, As Nosas Músicas contará con bandas xa históricas no panorama musical galego, como Milladoiro ou Luar na Lubre, e xunto a eles, proxectos novedosos como Bumba ou Brasilian Night, a banda de Gustavo Almeida.

Tamén estarán nesta edición antiguos coñecidos deste ciclo, como María do Ceo ou Ialma e, desde o país veciño, chegará a Galicia Joao Afonso, unha das voces máis cálidas de Portugal.

Luar na Lubre é na actualidade unha das formacións máis importantes de folk en Galixia e quizáis a máis internacional, cun amplio historial de concertos e recoñecementos tras de si. A súa sona traspasou fronteiras sendo solicitados desde tódolos puntos do planeta para tocar nos máis prestixiosos festivais e recintos.

O proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raiz galegas, polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias.

Entre as xiras no ano 2004 e dirixida por Ignacio Vilar, Luar na Lubre gravou o seu primeiro DVD onde se recolle parte da súa traxectoria e vivencias. Unha experiencia magnífica onde se combinan as paisaxes de Galicia, a música do grupo e as anécdotas persoais de cada un dos seus membros.

É destacable tamén a incorporación da nova voz do grupo de Sara Vidal que trala estela de Ana Espinosa e Rosa Cedrón confirma un aporte de frescura e nitidez á nova etapa da banda.