SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -
Máis do 60% do público corresponde á poboación feminina e os cidadáns que acoden con máis frecuencia ao teatro se topan entre os 25 e os 44 anos de idade, segundo os datos previos a un estudo sobre o perfil dos consumidores de teatro galego.
Así o indicou hoxe o coordinador deste traballo, Carlos Neira, quen subliñou que estas cifras corresponden con datos previos á enquisa, e que os resultados finais da enquisa estarán a mediados do mes de xullo.
Deste xetio, o director do Instituto Galego das Artes Escénicas (Igaem), Miguel Martín, indicou que este estudo do perfil do público lle proporcionará as ferramentas necesarias para "a captación de público" e a mellor difusión e promoción dos produtos teatrais.
Segundo indicou o director do Igaem en rolda de prensa, Miguel Martín, este estudo, cuxos resultados estarán dispoñibles no mes de xullo, permitirá obter "con maior detalle" o perfil do público galego, o que constitúe un factor "básico" para deseñar a estratexia de promoción e "crear un mercado amplo".
OBXECTIVOS
Entre os obxectivos do estudo, se topa o establecemento do perfil do público asistente ás representacións de teatro galego e a análise do comportamento, as actitudes e valoracións destes espectadores fronte a estas escenificacións.
Asemade, o coordinador deste estudo, realizado pola empresa de investigación social Cidadanía, apuntou que se describirán os hábitos de consumo cultural, cunha diferenciación de grupos ou segmentos poboacionais en relación con este consumo.
Así, para a realización deste estudo se determinou un universo de 503 persoas, maiores de 15 anos, e que asistiran a algunha actuación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Ademais, estableceuse unha afixación proporcional da mostra en función da provincia, e estratificouse en función do tamaño do concello no que se localizaba cada espazo.
Por outra banda, Martín salintou que o Igaem está a traballar para que o teatro teña presenza na prensa de forma habitual, así como na elaboración da páxima web, para conseguir unha maior difusión do seu traballo.