A CORUÑA 3 Ago. (EUROPA PRESS) -
O escritor Manuel Rivas asinará exemplares da súa última novela "Os libros arden mal" na Feira do Libro da Coruña hoxe ás 18.30 horas e o domingo 6 de agosto as 12.00 horas.
"Os libros arden mal" é unha novela con estrutura de "esfera armilar", composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, e as palabras, "elas mesmas a moverse como seres vivos".
Os organizadores da feira sinalaron que esta obra é unha ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en "círculos concéntricos" a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste.