PONTEVEDRA 26 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) realizará o curso 'Aproximacións á arte galega contemporánea' entre o 7 de marzo e o 30 maio, que estará coordinado e impartido por Alicia Carrera Gómez, coa colaboración de diversos expertos, no que se analizarán obras, movementos e autores da arte galega dende principios do século XX ata a actualidade.
Esta iniciativa pretende ofrecer unha selección temática na que o termo "contemporáneo" se entenda máis como "capacidade de innovación que como un período cronolóxico concreto".
O curso celebrarase tódolos martes de 19.00 a 20.30 horas, agás os días 28 de marzo por festivo local e o 11 de abril debido á Semana Santa, segundo informaron fontes do museo vigués.
Ademais de Alicia Carrera, que impartirá cinco sesións, tamén participarán como poñentes o director da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján; a responsable da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira; a catedrática de Historia da Arte na Universidade de Santiao, María Luisa Sobrino; o coleccionista e comisario de exposicións Román Pereiro; o profesor de arte contemporánea na Escola das Artes da Universidade de Porto, David Barro; e o crítico de arte Xosé Manuel Lens.