A Mesa insiste na petición de mínimos de cooficialidade para o galego para establecer un marco lexislativo da lingua

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 febrero 2006 15:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 Feb. (EUROPA PRESS) -

A secretaria xeral de A Mesa pola Normalización Lingüística, María Xosé Jamardo, pediu que non se lle califique como "belixerante" por reclamar que se cumplan "os mínimos de cooficialidade" para o galego, e lembrou que se trata dun "momento histórico" para establecer un marco lexislativo que recolla "as necesidades" da lingua.

O presidente de A Mesa, Carlos Callón, denunciou hoxe que "non se está cumprindo coa cooficialidade" nos usos do galego, especialmente no eido da Xustiza. Asemade, salientou que á súa organización chegan queixas de cidadáns que "non poden realizar" os trámites burócraticos en lingua galega.

Así, Callón lembrou que o novo Estatuto de Galicia deberá recoller un marco legal para o galego co fin de que se "cumpran os dereitos" da lingua, xa asinados nos Tratados Internacionais; e que este marco sirva de "garantía" para que os cidadáns poidan empregar o galego.

A Mesa reclamou a "unanimidade" dos partidos políticos para conseguir que a lingua galega teña o mesmo rango dentro do Estatuto de Autonomía que o castelán na Constitución Española. Por iso, reclamou que o galego sexa recoñecido na lexislación con estatus de "dereito e deber", igual que o recolle o texto catalán.

ASAMBLEA XERAL

Por outra banda, A Mesa pola Normalización Lingüística celebrará o vindeiro 25 de marzo unha asamblea xeral conforme ao cambio efectuado nos estatutos, que obriga a facer unha reunión anual, segundo informou a responsable nacional de Mocidade pola Normalización Lingüística, Iria Taibo.

Jamardo subliñou que A Mesa cumple 20 anos dende a súa fundación e que durante estes anos "se conseguiron moitos obxectivos" ainda que existe un "oco institucional". Por estes motivos, a secretaria xeral de A Mesa sinalou que "é necesario seguir traballando".

Por último, Fátima Braña, membro da directiva de A Mesa, salientou os logros en materia de lingua acadados en cinema e nas facturas de telefonía; pero sinalou que o ensino e a toponimia "aínda son áreas con carencias".

Contenido patrocinado