SANTIAGO DE COMPOSTELA 5 Abr. (EUROPA PRESS) -
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, cualificou hoxe de "fraudulentas" as accións realizadas pola Xunta respeto ao 'Día das Letras Galegas' xa que, segundo manifestou, "o que está a facer é unha política de homenaxe que non ten consecuencias positivas para a lingua".
Deste xeito, Callón expresou o seu desacordo coa edición de 14.000 exemplares dunha "cuestionable" antoloxía literaria e diverso material didáctico e cultural que presentou onte a Secretaría Xeral de Política Lingüística na cidade de A Coruña, con motivo da celebración o 17 de maio adicada á figura do escritor galego Lugrís Freire.
Segundo manifestou o presidente da Mesa, Lugrís Freire "merece todas as homenaxes e recoñecementos" xa que, entre outras actividades vinculadas coa lingua, foi un dos pioneiros na introdución do galego en novos ámbitos".
Porén, criticou que a Secretaría Xeral no canto de "decatarse da súa función real, se puxese a pagar unidades didácticas e DVDs sobre o escritor", xa que considerou que estas iniciativas forman parte das "competencias da Consellería de Educación ou da de Cultura".