A Mesa pola Normalización Lingüística pide que a serie 'Sin Chan' se poida ver en galego en Antena 3 e Cartoon Networks

Actualizado: domingo, 5 febrero 2006 14:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Mesa pola Normalización Lingüística (Mesa), a través da súa sección xuvenil, está a realizar xestións para que a serie de debuxos animados xaponesa 'Sin Chan' se poida ver en galego nas cadeas televisivas que actualmente a emiten en España, Antena 3 e Cartoon Networks.

A través dun comunicado, a Mesa lembrou hoxe que este personaxe tivo un "grandísimo éxito" na súa dobraxe en galego, tanto cando se difundiu na Televisión de Galicia coma nos seus filmes, que estreáronse en Galicia en versión monolingüe na lingua autonómica.

Ademais de ás emisoras de televisión afectadas, a plataforma de defensa do galego dirixíuse a 'R', a operadora de cabo galega que conta con Cartoon Networks na súa oferta. Así, a Mesa explicou que esta cadea ofrece a posibilidade de ver a serie en castrelán e catalán, o que fai "máis incompresible" que no exista a opción en galego, pos to que tecnicamente "non tería maiores complicacións".