SANTIAGO DE COMPOSTELA 31 Ago. (EUROPA PRESS) -
A Mesa pola Normalización Lingüística manifestarase nos próximos días para protestar pola medida "chafalleira, cutre e fraudulenta" de impartir unha liña de ensino en galego en 16 centros de toda a comunidade para nenos de 3 a 6 anos.
Segundo anunciou hoxe en rolda de prensa, a Mesa denunciará ademáis ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e á conselleira de Educación ante o Consello de Europa por "incumprimento" da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, sinalou que a medida, anunciada o martes pola conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, é "totalmente insuficiente" e "non terá resultados", xa que só o 2,28% dos centros das cidades galegas contarán con este servicio. En todo Galicia a procentaxe "redúcese moito", según indicou Callón.
Pola súa banda, a representante da Mocidade pola Normalización Lingüística, Iria Taibo, principal impulsora da manifestación, destacou que as medidas "son insuficientes" para o resto do ensino, xa que Educación non anunciou medidas para Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.