O Museo do Pobo Galego inaugura hoxe unha exposición fotográfica sobre o termalismo

Actualizado: jueves, 6 abril 2006 11:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela inaugura hoxe unha exposición fotográfica sobre o termalismo español, dende os seus inicios a finais do século XIX e a súa nova época dourada no século XXI.

Isabel de Borbón "La Chata", Miguel Primo de Rivera, Millán Astray, a Condesa de Pardo Bazán ou Rockefeller I son algúns dos protagonistas de 'Mondariz, a Maxia da Auga', un documento histórico inédito que mostra a importancia que tivo o sector termal no noso país e que orixinou o municipio máis pequeno de España, Mondariz Balneario.

A través da historia do Balneario de Mondariz, que con Baden-Baden, foi considerado como un dos buques insignia do termalismo europeo, a mostra recrea a Belle Époque e a evolución dos costumes sociais do noso país, que no século XXI pasan por adaptar os tratamentos e técnicas termais a enfermidades actuais como stress, tabaquismo ou obesidade.

A mostra acolle, ademais de diferentes fotografías de personaxes asiduos aos veráns de Mondariz, obxectos que persistiron co paso do tempo, entre os que destacan unha colección de botellas antigas de Augas de Mondariz ou gravados publicitarios de finais de século XIX.