SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 Mar. (EUROPA PRESS) -
Os artesáns galegos poderán obtar a partir de mañá a un total de 600.000 euros en subvencións para o desenvolvemento do sector, trala convocatoria feita hoxe pola Consellería de Innovación e Industria, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOGA).
Segundo informou hoxe a consellería nun comunicado, as axudas están destinadas á modernización das estruturas produtivas e a introdución de novas tecnoloxías no sector artesanal. Así mesmo, Industria pretende fomentar a divulgación dos productos e potenciar a incorporación de novos traballadores.
Así, o prazo para a presentación de solicitudes ábrese mañá e remata o próximo 15 de maio, data a partir da cal pasarán un máximo de seis meses para que unha comisión de avaliación dictamine as concesión dos subsidios e a súa cuantía.
Ademais, este departamento asegurou que a seleción dos proxetos atenderá a criterios como a adecuación técnica e calidade da posible actuación, a capacidade de xerar actividade económica na empresa, así como a mellora na promoción das producións artesanais ou a idade e o sexo do solicitante --os mozos e as mulleres teñen máis posibilidades--.
As axudas dedicaranse tanto aos negocios artesanais coma ás asociacións dos gremios que presenten proxectos relativos, entre outras accións, á adquisición de maquinaria, ao deseño da imaxe corporativa da empresa, á participación en feiras de carácter profesional ou á inscripción en programas formativos de especialización.