Os aserores lingüísticos reclaman "unha maior dignificación profesional" para avanzar na normalización do idioma

Consello da Cultura Galega acolle o seminario "Asesores lingüísticos na Galicia actual" para debatir as experiencias profesionais

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 1 junio 2006 20:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Jun. (EUROPA PRESS) -

Asesores lingüísticos reclamaron hoxe "unha maior dignificación profesional" para a realización do seu traballo e pediron que se recoñeza "o importante papel destes profesionais no proceso de normalización lingüística do idioma.

Así o manifestaron hoxe na inauguración do encontro "Asesores lingüísticos na Galicia actual", que se terá lugar ata mañá, o coordinador do evento, Xoán Antón Lado, e o responsable da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (CCG), Henrique Monteagudo.

O representantes da CCG recordou que "en moitas ocasións", cando se fala do proceso normalizador do galego, se esquece que os profesionais que traballan no sector son un eixe "imprescindible" deste proceso, posto que "canto máis preparados e mellores sexan as condicións nas que traballan, máis se avanzará".

Para analizar este novo contexto participan no encontro asesores e técnicos lingüísticos de empresas, de departamentos e servizos de normalización lingüística, de medios de comunicación, de editoriais e doutras entidades implicadas no sector.

Deste xeito, os profesionais analizarán a situación do sector en Santiago de Compostela e expoñerán cómo mudan as necesidades lingüísticas de entidades privadas e públicas; así como as metodoloxías, ferramentas de traballo e mesmo o perfil formativo dos profesionais do asesoramento lingüístico.

COÑECER O PROBLEMA

Así, esta iniciativa conta coa presencia de representantes de diferentes sectores nos que opera o asesor lingüístico, que abrangue dende a administración ao sector editorial, para coñecer as súas condicións laborais e as súas problemáticas concretas de traballo no contexto galego.

Entre outros aspectos, este evento prentende satisfacer a "necesidade" de crear foros profesionais de intercambio de información, así como dar a coñecer e difundir aqueles puntos de referencia profesional que poden ser de apoio para os asesores lingüísticos, co obxectivo de "garantir a calidade dos servizos".

Este encontro, organizado pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e a Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística, xordeu "ante as novas demandas profesionais e formativas" creadas debido "á crecente importancia" adquirida pola calidade lingüística en todos os ámbitos. Ademais, este seminario está aberto á participación de asesores lingüísticos, técnicos de Servizos de Normalización Lingüística e de Servizos Lingüísticos, correctores, tradutores e todos aqueles profesionais e persoas interesadas; e desenvolverá o seu traballo en mesas de debate para o intercambio de experiencias.

Contenido patrocinado