Os cursos de lingua galega da Xunta realizados este ano reciben un "notable" por parte de profesores e alumnos

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 6 agosto 2006 13:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA 6 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Secretaría Xeral de Política Lingüística realizou unha enquisa a alumnos e profesores dos cursos de lingua galega promovidos este ano pola administración dos que se deduciu unha valoración media xeral equivalente a un notable.

Segundo indicou Política Lingüística nun comunicado de prensa, o cuestionario para alumnos fíxose de xeito presencial para o 77% deles e por teléfono para o outro 23%. En total realizáronse 1.959 enquisas que deron como resultado unha valoración xeral de 8 puntos.

Os aspectos mellor valorados polos alumnos son os referentes ao formador mentres que apuntan deficiencias no relativo á duración dos cursos, ás instalacións, ao mobiliario e ao material didáctico.

No tocante ó profesorado, realizáronse un total de 205 enquisas nas catro provincias das que se reflictiu unha valoración media de 7,51 puntos. Os profesores consideran "moi positiva" a mellora na comprensión do idioma por parte do alumnado e o seu grao de apreciación da língua.

O que máis preocupa ao corpo docente, pola súa parte, é a "gran heteroxeneidade" do alumnado participante, que responde, maioritariamente, a mulleres -68%- con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos e en situación saboral en activo.

Ao longo deste curso comenzouse a implantar un novo sistema de acreditación lingüística de galego, para adaptalo ós niveis de competencia que establece o Marco Común Europeo de referencia para línguas. Este marco determina seis niveles de coñecemento, o que podería, en opinión da secretaría xeral, contribuír a homoxeneizar as aulas segundo o nivel dos alumnos.

Contenido patrocinado