Os empresarios galegos disporán dun teléfono de asesoramento para normalizar o uso da lingua na súa actividade

Actualizado: viernes, 7 julio 2006 18:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Jul. (EUROPA PRESS) -

A apertura dunha liña telefónica permanente que facilitará asesoramento aos empresarios galegos no uso da lingua é unha das medidas dentro do acordo asinado hoxe entre o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenal, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, que pretende normalizar e xeralizar o uso do galego entre a patronal.

A patronal galega e Política Lingüística comparten a "arela de que a lingua galega acade unha situación de plena normalización no seo da sociedade", según afirmou Fontenla. Tamén subliñou a "necesidade de estender o uso e o coñecemento da lingua entre o empresariado".

Pola súa banda a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, sinalou que aínda que ten constancia de que o uso da lingua galega nas relacións comerciais "é frecuente", é un obxetivo preferente "mellorar este uso, romper impedimentos de compresión e normalizar a lingua".

O proxecto de colaboración entre as dúas entidades fai perdurable no tempo as subvencións para fomentar o uso do galego que ata o momento recibían as empresas. A Secretaría Xeral achegará preto de 400.000 euros para a execución das actividades previstas no marco desta colaboración.

Con este proxecto común preténdese tamén acadar datos fiables do uso da lingua galega na actividade empresarial e xeralizalo na escrita, onde Fontenla recoñece atopar os maiores impedimentos á hora de empregar habitualmente o galego nas relacións empresariais.