Pontevedra acollerá mañá os actos de homenaxe a Alexandre Bóveda na celebración do 'Día da Galicia Mártir'

Actualizado: miércoles, 16 agosto 2006 17:40

PONTEVEDRA, 16 Ago. (EUROPA PRESS) -

A cidade de Pontevedra acollerá mañá os actos de homenaxe á figura de Alexandre Bóveda na celebración do 'Día da Galicia Mártir', na que se conmemorará en distintos actos aos mártires galeguistas asasinados durante a Guerra Civil.

Así, o BNG celebrará un acto político a partir da 13.00 horas diante do Monumento a Alexandre Bóveda en A Caeira, no concello de Poio (Pontevedra). Nesta ceremonia, participarán o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, e o presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela; e estará presentada polo alcalde de Poio, Luciano Sobral.

Tras un xantar-homenaxe a Mariví Villaverde, polo seu labor "a prol da recuperación" da Memoria Histórica, no Pazo da Cultura da capital pontevedresa; terá lugar unha cerimonia relixiosa ás 18.30 horas no Cemiterio de San Mauro en lembranza de Bóveda; e ás 19.00 horas, celebrarase no mesmo emplazamento un acto cívico a cargo do filósofo e catedrático Ramón Regueira.

Ademais, o escritor Manuel Rivas e a vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Tereixa Paz, farán unha intervención na praza de Curros Enríquez de Pontevedra, diante do busto da figura do galeguista asasinado.

Por último, a partir das 22.00 horas será a quenlla de SonDeSeu e Susana Seivante, que ofrecerán unha actuación musical na Praza da Ferrería, que coincide coa celebración da semana grande das Festas da Peregrina na capital do Lérez.

ACTOS DO PG

Por outra banda, o Partido Gaguista (PG), co lema 'Sempre Galeguistas' realizará unha homenaxe ás 11.30 horas no Monumento a Alexandre Bóveda devandita Praza de Curros Enríquez. O presidente do PG, Xabier González, presentará o acto no que interveñerán o vicesecretario xeral do PG, Francisco López 'Chesqui', e o patrón fundador Fundación Alexandre Bóveda e vicepresidente do PG, Manuel Suárez García.

Asemade, terá lugar unha ofrenda floral ao galeguista homenaxeado no Ceminterio de San Mauro a partir das 12.30 horas. Neste acto participará o histórico militante galeguista Antón Moreda, que foi cofundador das Mocidades Galeguistas de Bós Aires e recibiu a Medalla de Ouro do PG pola súa traxectoria "en defensa da terra e do galeguismo".

Deste xeito, o Partido Galeguista reivindicarán a memoria histórica dos mártires, nun tempo no que, segundo expresou o PG nun comunicado, "os galeguistas" son "obxecto do desexo e sofren tentativas de reecribir a historia".