O presidente da área de Turismo da Deputación de A Coruña recibirá mañá a 60 organizadores de congresos en Vimianzo

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 febrero 2006 21:16

A CORUÑA 24 Feb. (EUROPA PRESS) -

O deputado provincial do BNG Pablo Villamar Díaz, presidente da área de Promoción Económica, Emprego e Turismo da Deputación de A Coruña recibirá mañá sábado a 60 profesionais do sector da organización de congresos no Castelo de Vimianzo.

Villamar Díaz, presidente tamén da Comisión de Seguimento do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, dará a benvida aos organizadores de congresos que durante esta xornada coñecerán os principais atractivos da Costa da Morte.

Durante a recepción, o deputado e os seus convidados terán ocasión de abordar os recursos que ofrece esta zona para ser escollida como marco de diversos eventos.

Contenido patrocinado