Quince alumnos universitarios recibirán axudas da Fundación Manuel Ventura Figueroa para os seus estudios

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 13 julio 2006 16:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Manuel Ventura Figueroa concederá axudas a 15 alumnos universitarios para os seus estudios que oscilan dende os 1.500 euros para primeiro e segundo ciclo e os 3.000 euros para realizar teses doutoriais.

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, presidiu hoxe a reunión da Fundación Manuel Figueroa. Á xuntanza tamén asistiron o secretario xeral da consellería, Benito Fernández Rodríguez; a vicesecretaria Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Beatriz Rodríguez Fraga; Adela J. Rey Abilleira, membro do padroado; e Dositeo Rodríguez Rodríguez, en calidade de xuíz protector da Fundación.

Nesta reunión ratificouse a concesión das axudas ao estudo para o curso académico 2006-07 da fundación. A entidade convocou dez axudas de 1.503 euros para o 1º e 2º ciclo de estudos universitarios; dúas de 2.104 euros para o terceiro ciclo; e outras dúas de 3.005 euros para a realización de teses doutorais. Ademais, aprobou a unha bolsa de 3.005 euros para un máster dunha duración mínima de 500 horas. En total, a Fundación investirá 28.253 euros en axudas.

Os beneficiarios destas axudas son todos parentes do fundador, debidamente clasificados como tales, que resultaron seleccionados polo padroado. Neste senso, a comisión de selección -composta polos membros do padroado- valorou a situación económica dos solicitantes, a súa traxectoria académica e a proximidade no grao de parentesco co fundador.

A Fundación Manuel Ventura Figueroa foi instituída en 1784 polos testamenteiros de Manuel Ventura Figueroa, patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castela, co obxecto, entre outros, de proporcionar axudas económicas para realizar estudos de toda clase destinadas aos seus parentes.

Asemade, esta reunión serviu ademais para a designación e nomeamento como patrón de sangue da fundación a Joaquín Barreiro Ferreirós.

Contenido patrocinado