Quintana aborda cos alcaldes de Soutomaior (Pontevedra) e Palas de Rei (Lugo) as demandas sociais dos seus concellos

Actualizado: lunes, 16 enero 2006 19:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Ene. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, abordou hoxe cos alcaldes de Soutomaior (Pontevedra), Agustín Reguera e Palas de Rei Lugo), Fernando Pensado Barbeira, as demandas socias do seus respectivos concellos.

Nun comunicado, a Vicepresidencia salientou que o alcalde de Soutomaior aproveitou o encontro Quintana para pedir a colaboración da Vicepresidencia na dotación de mobiliario tanto ao centro social como á gardería infantil do concello e para o mantemento das subvencións para o Centro de Información á Muller e para a Oficina de Información Xuvenil. Tamén lle explicou a necesidade do concello de contar cun novo asistente social, xa que o actual é compartido con outro concello.

Por outra banda, o alcalde de Palas de Rei pediu colaboración do para financiar a posta en marcha do centro de día do concello que comezará a funcionar o próximo mes de marzo. Reguera tamén reclamou o mantemento das subvencións que reciben tanto o Punto de Atención á Infancia como o Centro de Información á Muller de Palas.