SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 Ene. (EUROPA PRESS) -
A única cidade galega que acollerá a exposición itinerante 'As Portas do Milenio' será Santiago de Compostela. A mostra poderá visitarse nas instalacións do centro comercial Área Central dende o mércores 25 de xaneiro ata o sábado 18 de febreiro, grazas á colaboración de Cruz Vermella, Unicef, a devandita entidade comercial e a Concellalía de Educación e Mocidade.
A exposición que chegará a vindeira semana á capital galega, despois de percorrer varias cidades italianas e españolas, dará a coñecer os obxectivos establecidos pola ONU para este milenio e está constituída por 16 esculturas que debuxan oito arcos.
Cada escultura simboliza a un neno con grandes pes anclados nos problemas do mundo, un corazón sensible latindo mensaxes de solidaridade e unha cabeza que, en forma de engranaxe pensante, analiza de xeito intelixente cómo resolver os problemas do mundo. Cada arco representa o diálogo que xurde entre os nenos, un orixinario dun país rico e outro, dun país pobre. Como consecuencia de cada diálogo, nace un obxectivo do Milenio como solución para erradicar a externa pobreza e asegurar un mundo mellor para todos.
A concelleira de Educación de Santiago, Elvira Cienfuegos, explicou hoxe que "esta campaña pretende sensibilizar á poboación en xeral, e aos máis pequenos en particular, sobre a necesidade imperiosa de erradicar a fame, a pobreza e conseguir un acceso universal á educación".
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO
En setembro do ano 2000 celebrouse o Cumio do Milenio no seo das Nacións Unidas en Nova York. Neste cumio asinouse a Declaración do Milenio que comprende a posta en práctica dunha serie de políticas e estratexias para acadar os denominados "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" antes do 2015.
Cinco anos máis tarde a situación de pobreza está lonxe de ser resolta. Neste senso o responsable de Unicef en Compostela, Andrés Fariña, considerou que "a sociedade vive nun momento de desenrolo económico óptimo e suficiente para cumprir os obxectivos do milenio".
Fariña insistiu "na importancia de sensibilizar á poboación" para que os obxectivos podan cumprirse canto antes e non ter que trasladar esa metas ata o 2045. Unha das vías para rematar coa desigualdade, coa fame e coa pobreza no mundo, "é lograr a máxima escolarización posible xa que sen formación non se poderán erradicar".
Por outra banda, Fidel Martín, representante de Cruz Vermella, explicou a importancia que ten para o logro destes obxectivos que temas como a redución da pobreza se introduzan na axenda política.