Santiago convértese esta semana na "capital da risa" coas actividades do 'Festiclown 2006'

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 1 agosto 2006 16:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Conselleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego, destacou hoxe que o 'Festiclown 2006', que comezou onte en Santiago cos cursos formativos internacionais 'Formaclown', achegará á capital galega decenas de persoas de todo o mundo para convertela na "capital da risa" durante a próxima semana.

Durante a presentación dos cursos deste festival, o director da Cooperativa Solidaria, organizadora deste evento, suliñou que, nesta terceira edición pretende manter o éxito dos anos anteriores, nos que a público superou as 50.000 persoas e a participación nos cursos do 'Formaclown' "desbordou todas as previsións".

Coa premisa "estamos fartos de guerra, mentira e políticos profesionais", os paiasos do Festiclown anunciaron hoxe que esta edición está "chea de novidades". Deste xeito, e na mesma rolda de prensa, varios actores presentaron este festival dende o lago do Auditorio de Galicia.

Dentro das actividades desta edicción destaca unha gala solidaria con Palestina que se celebrará esta noite e a creación dun fondo solidario a favor de Chiapas, contribuíndo así a fins políticos e solidarios a través da risa, segundo declarou Prado.

Por outra parte, Rego salientou a importancia desta iniciativa para o turismo de Compostela debida á chegada de miles de persoas para participar no festival, que "xoga un papel importante" na promoción da cidade.

Contenido patrocinado