A CORUÑA 2 Ago. (EUROPA PRESS) -
O escritor Suso de Toro e o politólogo e profesor Xosé Luis Barreiro Rivas asinarán hoxe na Feira do Libro de A Coruña exemplareas das súas obras.
Así, Barreiro Rivas, asinará exemplares do seu libro 'As inxurias da guerra' a partir das 19.30 horas. É unha obra de ensaio que quere chamar a atención sobre a inxustiza radical que está implicita nas guerras de hoxe, reclamando o sometemento dos conflitos armados ao dereito internacional e a un principio de lexitimación multilateral.
Pola súa banda, o escritor Suso de Toro asinará exemplares da súa última novela, 'Home sen nome', a partir das 20.00 horas. Nesta novela, de Toro ofrece un relato de ficción intenso e emotivo onde se aborda a represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra.