Treixadura Gaiteiros presenta hoxe no CCG o seu último disco, 'Unha semaniña enteira'

Actualizado: jueves, 15 junio 2006 11:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá hoxe a presentación do último traballo discográfico de Treixadura Gaiteiros, que ten por título 'Unha semaniña enteira'.

O disco, editado por PAI-Música, constitúe un dos proxectos máis ansiados pola agrupación e continúa as anteriores obras da agrupación 'Unha noite no muíño' (2001) e 'Unha noite non é nada' (2003). Na súa elaboración traballaron conxuntamente co Orfeón Treixadura e incidiron no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega para reivindicar a transmisión de melodías tradicionais e do noso patrimonio cultural.

No acto participarán Xaquín Xesteira e Toñito López, de Treixadura Gaiteiros, Delio Domínguez e Xosé Méndez "Morgan", do Orfeón Treixadura, e Luis Costa, da Comisión Técnica de Música Tradicional do Arquivo Sonoro de Galicia (CCG).