PONTEVEDRA 3 Jul. (EUROPA PRESS) -
O Festival Internacional de Piano, que se celebrará dende o 7 ata o 13 de agosto, contará en cartel coas actuacións dos prestixiosos pianistas Luiz de Moura Castro e Boris Berman.
Ademais de concertos de piano, durante eses días terá lugar unha escola de verán de mozos pianistas na que se darán cita estudantes de piano de diversas nacionalidades para recibir clases dos mestres invitados ó festival, entre os que acudirán Luiz de Moura Castro e Boris Berman.
No acto de presentación estarán, ademais do director xerente de Turismo Rías Baixas, Otavio Rodríguez, a presidenta da Asociación, María Jesús Vallés, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o concelleiro de Cultura, Alfonso Mandado, o subdirector do Parador de Baiona e o director do Conservatorio de Vigo, Roberto Revola.
O Parador Conde de Gondomar de Baiona acollerá mañá a presentación do Festival Internacional de Piano, organizado pola Asociación Galega Amigos do Piano e que patrocina o organismo dependente da Deputación, Turismo Rías Baixas.