Unha exposición da Escola de Canteiros de Pontevedra amosará a partir de hoxe a historia deste gremio na provincia

Actualizado: miércoles, 11 enero 2006 10:55

PONTEVEDRA, 11 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Escola de Canteiros dependente da Deputación de Pontevedra inaugura hoxe unha mostra titulada 'A pedra na tarxeta postal' con 23 cadros que amosan a historia deste gremio na provincia a través dunha selección de obras de cantería pública, relixiosa e civil.

Dentro do percorrido que ao longo da historia fai a exposición pódense observar preto de 130 tarxetas postais, o 95 por cento delas en branco e negro, escollidas dentro do material do Servizo de Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra. Ademais, 'A pedra na tarxeta postal' recolle dúas series de fotografía estereostópica --un total de 30 fotos-- que a través dun dispositivo de lentes se poden observar en tres dimensións

O obxectivo desta mostra, que permanecerá aberta ao público ata o 9 de febreiro, é demostrar a importancia do sector canteiro na provincia de Pontevedra e amosar algunhas das maiores obras que acometeron os canteiros ao longo das últimas décadas. Deste xeito tamén se quere transmitir a idea de que as obras acometidas polos canteiros pontevedreses serviron de empuxe para a promoción turística.