Unha exposición da Escola de Canteiros de Pontevedra amosará a partir de mañá a historia deste gremio na provincia

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 10 enero 2006 20:59

PONTEVEDRA 10, (EUROPA PRESS)

A Escola de Canteiros dependente da Deputación de Pontevedra inaugura mañá unha mostra titulada "A pedra na tarxeta postal" con 23 cadros que amosan a historia deste gremio na provincia a través dunha selección de obras de cantería pública, relixiosa e civil.

Dentro do percorrido que ó longo da historia fai a exposición pódense observar preto de 130 tarxetas postais, o 95 por cento delas en branco e negro, escollidas dentro do material do Servizo de Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra. Ademais, "A pedra na tarxeta postal" recolle dúas series de fotografía estereostópica -un total de 30 fotos- que a través dun dispositivo de lentes se poden observar en tres dimensións

O obxectivo desta mostra, que permanecerá aberta ao público ata o 9 de febreiro, é demostrar a importancia do sector canteiro na provincia de Pontevedra e amosar algunhas das maiores obras que acometeron os canteiros ao longo das últimas décadas. Deste xeito tamén se quere transmitir a idea de que as obras acometidas polos canteiros pontevedreses serviron de empuxe para a promoción turística.

Contenido patrocinado