A USC abre a convocatoria de bolsas para cursar estudos en 67 universidades de América, Australia e Asia

Actualizado: lunes, 27 febrero 2006 20:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago (USC) anunciou hoxe a apertura da convocatoria de prazas de mobilidade para cursar estudos en 67 universidades de América, Asia e Australia. O prazo para solicitar estas bolsas, para o que a USC ten asinados diversos convenios bilaterais, remata o 14 de marzo.

Segundo a convocatoria, á que poden optar os estudantes matriculados en calquera titulación oficial da USC, convócanse catro prazas para cada unha das universidades de Iberoamérica e dúas para cada unha das de Estados Unidos, Asia e Australia, nas que non se abonarán os prezos de matrícula dos estudos a cursar.

As solicitudes, que deberán presentarse no Rexistro Xeral da USC en Santiago ou no de Lugo, deberán ir acompañados de toda a documentación que acredite o nivel curricular do alumno.