Xosé Paz resulta gañador do 'Premio Carracedo' de Xornalismo

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 22 abril 2006 13:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA 22 Abr. (EUROPA PRESS) -

O fotógrafo e xornalista ourensán José Paz resultou gañador do I Premio do certame 'Xosé Aurelio Carracedo' de Xornalismo, por unha colección de traballos publicados no xornal 'La Región' e que conteñen un "amplo e pormenorizado" traballo de crítica artística sobre diferentes propostas plásticas desenvolvidas na provincia de Ourense.

O xurado avalióu a calidade e rigor profesional do premiado, a amplitude de mostras analizadas e de variedades plásticas recollidas, así como a constancia e consistencia dos artigos publicados.O primeiro premio está dotado con 5.000 euros.

O segundo premio foi para Xan Fernández Pinal, polo traballo radiofónico "As mortes de Oseira", emitido dentro do programa quincenal "A Comarca: Parroquia a parroquia", no que fai un repaso a un tráxico suceso ocorrido no ano 1909 e no que faleceron sete veciños de Oseira.

O programa, emitido por Cope Carballiño, recolle testemuñas sonoras dunha ducia de veciños, ten unha elaborada montaxe musical, inclúe a un coplista e demostra como dende unha emisora local se poden realizar programas de extraordinaria calidade técnica, que neste caso afonda na microhistora de lugares da nosa provincia.

O xurado desta edición estivo presidido polo deputado de cultura, José Luis Valladares, e integrado como vocais por José Luis Pérez, José Paz Rodríguez, Xulio Xoan García Golpe e Adolfo Pérez Abellás.

O acto de entrega dos premios terá lugar o día 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa.

Contenido patrocinado