Detido un condutor tras ser interceptado a 179 km/h nun tramo limitado a 50

Actualizado: sábado, 16 abril 2011 13:37


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Abr. (EUROPA PRESS) -

Detido un condutor en Vigo tras ser interceptado circulando a 179 quilómetros por hora nun tramo limitado a 50, segundo informan a Europa Press fontes policiais.

Ás 00.47 horas, un radar situado na Avenida de Madrid detectó un vehículo que superaba o límite permitido en máis de 120 quilómetros por hora, o que constitúe un delito.

Posteriormente, o turismo, que circulaba en dirección cara ao centro da cidade, foi interceptado á altura da vía García Barbón, sen producirse persecución.

Unha vez identificado, os axentes procederon a deter o infractor, un varón de orixe uruguaia, nacionalizada español, duns 30 anos e que respondía ao nome de J.F.F.