20N. - Beiras ve "aberrante" a vitoria de Rajoy nunha "sociedade sa" e atribúea á "chantaxe do medo"

Lamenta que voces se "preocupen" pola irrupción de Amaiur no Congreso pero "non polo fascismo rampante" en España

Xosé Manuel Beiras, Portavoz Nacional Del Encontro Irmandiño, En Rueda De Prensa
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 21 noviembre 2011 16:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Nov. (EUROPA PRESS) -

O voceiro nacional do Encontro Irmandiño --partido integrado no BNG--, Xosé Manuel Beiras, considerou un "fenómeno aberrante" nunha "sociedade sa" que o candidato do PP a La Moncloa, Mariano Rajoy, obtivera eses resultados, e atribuíunos á "chantaxe do medo" e a un "lavado de cerebro" á sociedade perpetrado polo "poder mediático e económico".

En rolda de prensa un día despois dos comicios xerais, Beiras riscou os comicios de "pallasada, farsa, proceso trucado dende o principio", e asegurou que "os grandes poderes dos grupos económicos e mediáticos vinculados aos poderes de capital financeiro e especulador fixeron un proceso de lavado da cidadanía para preparar a manipulación da xente, de maneira que as mentes non funcionasen no exercicio do que propiamente é liberdade".

A iso, engadiu a "chantaxe do medo" e "o proceso de conversión de cada vez máis segmentos da maioría social en súbditos", é dicir, advertiu que vai en aumento o número de persoas "sometidas ao temor do que pasará mañá". Ao seu xuízo, levouse a cabo unha campaña de propaganda "aproveitando a incidencia sobre os resortes dese medo".

O resultado, reprobou, é que Mariano Rajoy chegou á vitoria á cabeza dun partido "connivente co xenocidio en Oriente Medio, que foi connivente cos crimes contra a humanidade perpetrados en Iraq e antes en Afganistán; que compartiu e foi colaborar activo da mentira universal das armas de destrución masiva do Gobiermo de Sadam Husein; que en 2004 non tivo reparo ante a traxedia daquel atentado en montar unha mentira, importándolle un nabo os cidadáns...".

Xosé Manuel Beiras concluíu que, "que este individuo, que é o señor dos hilillos, que demostrou a absoluta inconpetencia,", constitúe un "fenómeno absolutamente aberrante nunha sociedade normal, sa dende o punto de vista democrático". "Se isto puidese acontecer nunha sociedade democrática normal isto significaría que a democracia non serve, que non funciona", reflexionou.

Xosé Manuel Beiras argumenta que para que exista ten que haber "opinión pública", e indicou que esta nace "da información veraz", que é "fundamental para o funcionamento da cidadanía", pero iso foi "papel mollado" e "o resultado é o que é".

AMAIUR

Por outro lado, destacou os resultados obtidos pola coñecida como esquerda abertzale a través de Amaiur e, neste sentido, subliñou que fixo un "proceso de reconversión para a asunción da vía democrática, enormemente difícil cando está arraigado na historia e hábitos" o camiño das armas.

Así, e fronte ás voces que ven "preocupante" esta irrupción nas Cortes Xerais, Xosé Manuel Beiras lamentou que a estas mesmas "non lle preocupen nada o fascismo rampante" por España.

Contenido patrocinado