FERROL, 20 Abr. (EUROPA PRESS) -
Dous concelleiros do Concello de Ferrol, de ambas patas da coalición de goberno --PSOE e Ferrol en Común--, presentaron a súa dimisión na corporación local, ao respecto do que alegaron motivos laborais.
Concretamente, renunciou á súa acta o ata agora responsable de Promoción Económica e Recursos Humanos, Felipe Sas (PSOE). Neste sentido, alegou "motivos laborais", posto que, explicou, vai empezar un novo proxecto empresarial que non lle permitirá compaxinar cos horarios do Concello.
Pola súa banda, a edil de Facenda, Eugenia Freire (Ferrol en común), indicou que tamén se debe á imposibilidade de compaxinar o seu traballo en Comisións Obreiras coa carteira municipal, na que non tiña dedicación.