Falece un mozo de 18 anos nunha saída de vía no concello de Viveiro (Lugo)

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 23 junio 2012 13:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un mozo de 18 anos faleceu esta noite tras sairse da estrada o vehículo no que viaxaba ao seu paso por Viveiro, en Lugo, segundo informa Urxencias Sanitarias.

O accidente rexistrouse ás 01.46 horas, momento no que o vehículo no que viaxaba a vítima se saíu da estrada pola que circulaba, a LU-540, á altura do punto quilométrico 2,5, na parroquia de Magazos, segundo informan fontes do 112.

No coche quedara atrapada unha persoa. Ao lugar do accidente enviouse, entre outros efectivos, persoal sanitario do PAC de Viveiro e unha ambulancia asistencial, aínda que a pesar diso o accidentado, un varón de 18 anos, faleceu no lugar do sinistro.

Contenido patrocinado