Actualizado 12/04/2007 22:03 CET

Un café científico mostra en Palas de Rei (Lugo) a visión máis lúdica do cerebro humano e o sistema nervioso

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Abr. (EUROPA PRESS) -

Palas de Rei (Lugo) acollerá mañá, con motivo da exposición sobre neurociencia 'O mundo na túa cabeza. A máquina de crear realidades', a celebración dunha café científico no que participarán o actor Vicente de Souza e os profesores Castro Rivadulla e Xurxo Mariño.

Segundo informou hoxe a Consellería de Innovación, o café celebrarase na Casa do Outeiro e todos aqueles que decidan achegarse gozarán dunha consumición gratis. Esta localidade lucense acoller a exposición sobre neurociencia dende o pasado martes para trasmitir ao público o coñecemento do cerebro e do sistema nervioso.

Esta mostra é produto da colaboración entre a Dirección Xeral de I+D+i da Xunta e o Museo Luis Iglesias, que se encargou da súa coordinación. Ademais, contou co asesoramento de expertos como Xurxo Mariño e Castro Rivadulla, membros do grupo de investigación Neurocom da Universidade da Coruña, e Rafael Sisto, especialista en didáctica da ciencia.

Lo más leído

  1. 1

    Bertín Osborne y Fabiola rompen su relación sentimental

  2. 2

    Detenido el opositor ruso Alexei Navalni nada más aterrizar en Moscú

  3. 3

    Quienes hayan recibido la segunda dosis de la vacuna podrán saltarse el confinamiento en Israel

  4. 4

    Muere por coronavirus en prisión el revolucionario productor musical y asesino convicto Phil Spector

  5. 5

    Madrid ordena no volver a contratar en el mismo centro a ningún profesional que rechace trabajar en el Zendal