A Comisión Europea destaca o sistema galego de axudas á propiedade industrial como "o mellor de España"

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 4 abril 2007 16:01

SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Abr. (EUROPA PRESS) -

Un estudo encargado pola Comisión Europea destaca o sistema de axudas para o fomento da propiedade industrial como "a mellor práctica" no ámbito estatal e "unha das 15 mellores propostas" no marco europeo en materia de patentes, de propiedade industrial e intelectual.

Segundo indicou hoxe nun comunicado de prensa a Consellería de Innovación e Industria, os expertos encargados de realizar este estudio identificaron 260 prácticas no ámbito europeo nesta materia, das que dez correspondían a España.

Este estudo, encargado pola Comisión Europea e executado por institucións científicas como o Instituto Austriaco de Investigación, rematou o pasado 22 de marzo cun encontro no que estiveron os representantes das 15 mellores prácticas no marco europeo, entre as que se atopaba o modelo galego.

Ao acto acudiu o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato, que salientou a idea de fomentar a protección de emprego da propiedade industrial, xa que en Galicia este sistema de protección era "sensiblemente inferior" á media estatal.

Así mesmo, Mato apuntou a necesidade de poñer en marcha unha ferramenta para fomentar a protección e o emprego do sistema de propiedade industrial como un instrumento de "mellora competitiva".

Contenido patrocinado