Enxeñeiros Navais analizarán hoxe en Ferrol a aplicación do láser na construción naval

Actualizado: jueves, 22 noviembre 2007 10:32

FERROL, 22 Nov. (EUROPA PRESS) -

A delegación galega da Asociación de Enxeñeiros Naval e Oceánicos de España e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais celebrará hoxe en Ferrol un seminario sobre a utilización do láser na construción naval.

O seminario "Aplicacións avanzadas de procesos de tratamento de materiais con láser: corte, soldadura, recargue", desenvolverase hoxe e mañá, dende as 8.30 horas, na sede do colexio.

O curso contará coa presenza dunha numerosa representación docente da Universidade de A Coruña, que exporá, dende o punto de vista tanto teórico como práctico, as aplicacións do láser en procesos industriais vinculados, en especial, ao sector naval.