Enxeñeiros Navais analizarán mañá en Ferrol a aplicación do láser na construción naval

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 21 noviembre 2007 20:18

FERROL 21 Nov. (EUROPA PRESS) -

A delegación galega da Asociación de Enxeñeiros Naval e Oceánicos de España e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais celebrará en Ferrol un seminario sobre a utilización do láser na construción naval.

O seminario "Aplicacións avanzadas de procesos de tratamento de materiais con láser: corte, soldadura, recargue", desenvolverase mañá día 22 e o venres 23, dende as 8:30 horas, na sede do colexio.

O curso contará coa presenza dunha numerosa representación docente da Universidade da Coruña, que exporá, dende o punto de vista tanto teórico como práctico, as aplicacións do láser en procesos industriais vinculados, en especial, ao sector naval.

Contenido patrocinado