O Goberno central destina máis de cinco millóns de euros ás empresas da Tecnópole de I+D de Ourense

Actualizado: sábado, 4 agosto 2007 16:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Goberno central concedeu 5,2 millóns de euros a tres empresas da Tecnópole en Ourense para cofinanciar os proxectos de I+D, cifra que duplica a de 2006 e que se destinará ao financiamento de iniciativas de T-Soar, de Kinétika, de Aimen e do propio Parque Tecnolóxico.

O Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) destinou, en forma de subvencións e créditos, a súa última convocatoria específica para iniciativas de investigación e desenvolvemento en parques científicos e tecnolóxicos.

A contía total, procedente de Fondos Feder da Unión Europea, destinarase a proxectos bianuais promovidos por T-Soar Global, Aimen e Kinétika Innovacións Estructurais. O parque tecnolóxico subliñou que recibiu ademais dúas axudas para colaborar con Aimen e Kinétika nos seus proxectos.

En canto ao proxecto de T-Solar, expresou que obtivo o crédito de maior contía, con preto de 2,7 millóns de euros para investir neste ano e o próximo. Esta empresa, en proceso de instalación, destinará esta cantidade na construción dunha infraestruturas científico-tecnolóxicas que permitirán realizar investigacións na área da enerxía solar fotovoltaica.

Esta fábrica de T-Solar será a primeira de grande tamaño industrial, que produza paneis solares de lámina delgada en toda a UE. Ademais, explicou que ata agora os paneis solares son fabricados nun 90% con silicio cristalino, mentres que os de Tecnópole se basearán no silicio amorfo, de "maior rendemento" xa que emprega menos cantidade de silicio e produce a mesma cantidade de enerxía.

TORRES PARA AEROGENERADORES

A empresa Kinétika Innovación Estructurais recibiu un crédito de 2,5 millóns de euros para construír infraestruturas de investigacións relacionadas con enerxías renovables, neste caso a eólica.

O obxectivo dos laboratorios, que a nova empresa financiará, será o deseño, construción e ensaio de estruturas metálicas para a produción de enerxía eólica, fundamentalmente torres para aerogeneradores.

Como punto de partida, Kinétika quere contar coas instalacións necesarias para producir prototipos que desenvolvan a súa patente dunha nova concepción da construción das torres, que soportan as hélices en módulos ensamblables.

FINANCIAMENTO A FONDO PERDIDO

O único proxecto da Tecnópole que conseguiu financiamento a fondo perdido do programa de axudas do MEC foi o centro tecnolóxico Aimen. A subvención que ascende a 49.000 euros será destinada ao desenvolvemento dun plan de promoción e transferencia tecnolóxica en varias áreas relacionadas coa industria do metal.

Aimen traballa nas áreas de materiais e procesos de fabricación, tecnoloxías de unión láser e fará fincapé na utilidade das súas investigacións nos sectores de automoción, a aeronáutica e a metalmecánica, que configuran o perfil básico da actividade industrial do recinto e do seu contorno.