O Igape destina 4,55 millóns para apoiar a innovación tecnolóxica das pymes

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 11 julio 2007 16:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) destina 4,55 millóns para apoiar a innovación tecnolóxica e organizativa das pequenas e medianas empresas galegas (pymes) mediante o programa 'Innoempresa'.

O obxectivo fundamental do programa é a realización de proxectos, tanto individuais como colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión, e as subvencións concedidas poden cubrir ata o 45% dos investimentos e o 50% dos gastos vinculados aos proxectos aprobados.

No ámbito deste programa teñen especial importancia as iniciativas de carácter colectivo, a partir do labor de impulsión do desenvolvemento, por parte dos organismos que presten ás pymes servizos de apoio á innovación e á modernización.

Así, serán apoiables os proxectos de innovación en áreas como a organización da produción, a relación con provedores e clientes, a xestión ambiental e a eficiencia loxística, entre outros.

Tamén se valorarán iniciativas de innovación desenvolvidas en colaboración, a través de proxectos integrados de grupos de empresas, para a implantación conxunta nunha cadea de valor, mediante proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas ou a través do desenvolvemento de solucións comúns e utilización de servizos avanzados compartidos para grupos de pymes.

As empresas e os organismos interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 16 de xullo, segundo o previsto nas bases publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Contenido patrocinado