Investigadores da USC crean un corpus informatizado da historia do galego dende a época medieval

Actualizado: lunes, 25 enero 2010 19:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) recompilou a historia da lingua galega dende os seus inicios nun corpus informatizado, como parte do proxecto 'Tesouro medieval Informatizado da Lingua Galega'.

O traballo, iniciado en 1992, materializou os obxectivos de "contribuír á modernización das redes fundamentais de apoio á investigación en distintos ámbitos e disciplinas", ademais de "ofrecer á sociedade en xeral a posibilidade de acceder comodamente" ás fontes do Instituto da Lingua Galega (ILG).

Precisamente, a institución académica destacou que os devanditos fondos representan unha infraestrutura de investigación e consulta de "grande alcance" sobre a que se asentaron "múltiples investigacións ou informes filolóxicos --RAG--; históricos ou xurídicos".

Paralelamente, o mesmo equipo de investigación se atopa desenvolvendo o corpus do castelán e do latín da Galicia medieval, ademais de incorporar ás súas redes os textos do Portugal medieval, tanto en romance coma en latín.