O Obradoiro Lis presenta hoxe en Santiago un 'punteiro afinable' que "revolucionará" o mundo da gaita

Actualizado: domingo, 2 marzo 2008 11:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Mar. (EUROPA PRESS) -

O xerente do Obradoiro de Gaitas Lis Latas, Pepe Vaamonde, presentará hoxe domingo ás 12.00 horas no auditorio do Museo do Pobo Galego o 'punteiro afinable', un elemento "desenvolvido e patentado" polo propio taller e que "revolucionará o actual mundo da gaita".

Segundo sinalaron fontes de Obradoiro Lis Latas, este punteiro nace da "demanda continua dos músicos por conseguir" un punteiro que "lles dea amplitude de afinación e de compensación do instrumento de xeito rápido e preciso" abrindo "maiores posibilidades que as alcanzadas por un punteiro fixo tradicional".

O acto concluirá cunha actuación na que se empregará o novo punteiro a cargo dos gaiteiros Xosé Manuel Budiño, Iván Costa, Edelmiro Fernández, Brais Monxardín, Anxo Lois Pintos, Pepe Vaamonde, Suso Vaamonde e Bruno Villamor.