Santiago acolle hoxe un simposio sobre novas tecnoloxías e riscos profesionais na hostalaría

Actualizado: lunes, 14 mayo 2007 11:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 May. (EUROPA PRESS) -

Santiago de Compostela acolle hoxe un simposio, pioneiro en España, que se centrará nos riscos da hostalaría asociados ao uso de novas tecnoloxías, con especial atención ao uso do frío neste sector.

O encontro, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais de la Xunta, reunirá a autoridades de toda España no coñecemento dos perigos das novas tecnoloxías no sector hostaleiro. Así, intervirá o profesor da Universidade de Vigo experto en refrixeración e climatización, José Luis García Angulo.

De igual forma, participarán como relatores a profesora da Universidade de Zaragoza especializada en riscos e precaucións asociadas ao traballo con nitróxeno líquido, Luisa Salvador. Tamén tomará parte en representación do Instituto do Frío do CSIC Piar Cano, mentres que no marco xurídico da prevención de riscos laborais na empresa intervirá o director do Centro de Seguridade e Saúde Laboral de A Coruña, Miguel Martínez.

A xornada concluirá cunha mesa redonda na que se recollerán experiencias directas e persoais dos profesionais implicados, como é o caso dun cociñeiro, un distribuidor de equipos de frío e un instalador.