Touriño pon a Vertifil como exemplo do papel do I+D+i para lograr a "excelencia competitiva" dunha empresa

Actualizado: martes, 15 mayo 2007 15:40

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, puxo hoxe a Vertifil S.L., empresa dedicada á fabricación de ventás e estores, como exemplo do papel que debe ter o I+D+i "como factores sobre os que construír a excelencia competitiva".

Touriño realizou estas manifestacións en Moraña (Pontevedra), onde asistiu á inauguración das novas instalacións de Vertifil e felicitou ao Grupo Celic porque considera que son "magníficas", ademais de agradecerlle o compromiso co desenvolvemento económico de Galicia, "a través da súa crecente presenza nesta comunidade".

O xefe do Executivo autonómico salientou a presenza do Grupo Celitc -que exporta un 70% da súa produción- en mercados tan esixentes como o francés ou o de Estados Unidos.

Tamén lembrou a importancia do grupo para a zona de Moraña e os seus arredores, posto que a súa implantación neste lugar supuxo "un importante factor de dinamización económica e de creación de emprego", pois dá traballo a máis de 300 persoas.