A Xunta convoca axudas ata o 24 de xuño para a promoción xeral da investigación por 5,4 millóns

Actualizado: miércoles, 23 mayo 2007 19:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 May. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación e Industria convocou hoxe as axudas para a Promoción Xeral de Investigación (PXI) correspondente a este ano, cun crédito total de 5,42 millóns de euros, cofinanciados nalgunhas aplicacións con fondos Feder e FCI.

O obxectivo desta convocatoria é identificar e inverter na investigación básica de excelencia e propiciar unha actividade investigadora de calidade e con capacidade para competir no ámbito internacional, ademais de incentivar a mobilidade do persoal investigador e promovoer o intercambio científico.

A convocatoria, á que se poderán presentar solicitudes ata o 24 de xuño, articúlase en catro modalidades de axudas: para a elaboración de propostas para o VII Programa Marco, para proxectos de investigación básica, para a organización e asistencia a congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Por outra banda, este departamento autonómico ten previsto destinar 600.000 euros para desenvolver distintas actuacións dirixidas a potenciar os sectore galegos da construción naval e da madeira.

Este montante global articularase en virtude de dous convenios de colaboración, que serán aprobados mañá polo consello de la Xunta, coa Asociación Clúster do Naval Gallego (Aclunaga) e coa Asociación Empresarial Clúster da Madeira de Galicia, respectivamente.

Finalmente, Innovación e Industria e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) asinarán outro convenio de colaboración para realizar actuacións que contribúan ao desenvolvemento e mellora competitiva do sector metalúrxico desta comunidade autónoma.

O departamento autonómico achegará csi 300.000 euros para, entre outras actuacións, convocar 15 bolsas de formación, organizar dous cursos de formación no campo da calibración e metroloxía e adquirir ou alugar medios, software e material necesario para accións de formación de transformadores de chapa, plástico e troquelería, que se levarán a cabo nas instalacións de Asime.