A Xunta destina 190.000 euros a nova tecnoloxía para conseguir unha predición meteorolóxica exacta

Actualizado: viernes, 14 mayo 2010 23:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 May. (EUROPA PRESS) -

O Goberno galego autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Fundación Centro de supercomputación de Galicia (Cesga) polo cal se achegan case 190.000 euros para adquisición de nova tecnoloxía destinada ao soporte de cálculo intensivo que facilite unha predición meteorolóxica exacta.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que esta medida busca axudar a MeteoGalicia a "mellorar o prognóstico do tempo". Así, se incorporará un sistema de asimilación de datos e equipos que permitan realizar a predición nun contorno de cálculo de altas prestacións.

Este sistema garantirá a execución dun modelo de predición meteorolóxica con catro quilómetros de resolución sobre a Comunidade galega mediante un horizonte de predición de 72 horas que se execute dúas veces ao día.

Así mesmo, permitirá mellorar a resolución espacial no litoral, cunha resolución de ata un quilómetro que dará lugar a un modelo oceanográfico para toda a costa galega.

Este modelo proporcionará o espazo de almacenamento necesario para gardar os datos da última semana de execución directamente en sistemas de disco. Ademais, recolle a disposición dun servizo de soporte de emerxencias para as incidencias de funcionamento.