SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 May. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Innovación e Industria premiará o fomento da innovación empresarial cun presuposto total de 22 millóns de euros para incrementar a competitividade das empresas galegas a partir a introdución de "estímulos de innovación" nos procesos produtivos.
Este departamento indicou hoxe nun comunicado de prensa que a contía total se repartirá en sete liñas de actuación --dous para centros tecnolóxicos e clústers empresariais e cinco para pemes (Programa INNOVAPEME) e grandes empresas (Programa INNOVAMAIS)--. Así, a primeira modalidade de axudas para empresas estará destinada a financiar gastos de persoal, consultoría e servizos externos derivados da creación de estudios de viabilidade técnica e actividades de investigación industrial, desenvolvemento e diagnóstico tecnolóxico.
Nesta liña, as pequenas e medianas empresas poderán recibir ata o 50% do custo subvencionable, mentres que as grandes recibirán o 40%; de acordo cun importe mínimo de 9.000 euros e máximo de 30.000 euros.
O segundó ámbito de actuación está dirixido ao financiamento de proxectos de innovación para fomentar novas fórmulas de organización. Así, o gasto subvencionable cubrirá gastos de persoal técnico propio e adicional do que as pequenas e medianas empresas percibirán ata o 35% do custo subvencionable e as grandes ata o 15%.
A terceira vía de axudas cofinanciará proxectos --por un máximo de 300.000 euros-- subvencionados previamente en convocatorias de axudas estatais e internacionais. Neste caso, o obxectivo é incrementar a participación do sector empresarial galego en proxectos de ámbito suprarexional. Nesta modalidade tamén se inclúen axudas para a preparación de novos proxectos de ámbito nacional e internacional. Ademais, as empresa poderán solicitar axudas para a dotación de laboratorios ou departamentos de I+D para apoiar o desenvolvemento tecnolóxico.
Por outra banda, os centros tecnolóxicos e clústers empresariais recibirán entre 90.000 e 150.000 euros de axudas para crear ou consolidar plataformas tecnolóxicas.
Os solicitantes que queiran acceder a estas subvencións deberán cubrir os formularios dispoñibles en www.conselleriaiei.org/dxidi/ ou en www.xunta.es/cumprimentacion-electronica antes do día 19 de xuño.